Haiche establecementos que chegan a ter a condición de personaxes como o Café de Lis, o forno e a tenda de Laureana, a casa de xantares Sestelo... en Gondomar; a tenda das Verísimas, o forno das Adrianas..... en Baiona; O Café do Centro, o Bar Galicia, a fonda A Paloma, o Cine Imperial,... na Ramallosa.
O Cine Imperial da Ramallosa acadou esta categoría, por iso é merecente de figurar como tal nestas páxinas. Lévao, de sempre, Latino Salgueiro, neto do que foi alcalde de Gondomar don Latino Salgueiro que tivo a honra de agasallar as donas da Alteza Real, na súa visita a Gondomar, e cederlle o seu brazo para apoio da subida das escadas do Concello, cousa que logo serviu para darse fato e acercarlle o brazo a máis dun dicíndolle:
- Ora, cheira aquí.
O nome de Latino, que lembra o personaxe de Luces de Bohemia de Valle Inclan, ten unha certa implantación no Val Miñor.
Durante moito tempo, despois do peche do cine que había en Baiona e doutro, máis antigo, en Sabarís que era do “Pataqueiro”, foi o único cine que había na bisbarra. Así é que toda a xente, nova ou vella, de nacenza no Val ou veraneante, de cotío ou de paso, acudía a el para ver as películas que, sempre con bo xeito, escollía Latino.
Antes, xa hai anos, os anuncios das películas facíanse cuns folletos que deron en chamarlle prospectos e que repartían pola rúa e nos establecementos. Eran en papel a xeito de octavillas, e amosaban un fotograma ou as facianas dos principais protagonistas.
Houbo un rapaz que repartía os prospectos e púñalle tanto entusiasmo que mesmo parecía que o cine, o cine en xeral, era cousa del. Facíao con tanto interese que mesmo comentaba os “chismes” dos actores protagonistas vinculándose a eles como se del dependesen ou fosen da súa familia. Falando dos casamentos ou dos divorcios dos artistas de Holywood comentaba:
-¡Mira que a Taylor volvese separar do Burton!. É que xa dá noxo. A min danme ganas de retirarme disto do cine.
Claro que cando o chamaron a filas para cumprir co servizo militar, mandárono a revisión á Coruña, que era onde revisaban aos mozos que amosaban algunha deficiencia mental, dérono “libre de complir o servicio militar”. Cando alguén lle preguntaba que como fóra, el respondía que fóra por "infuensias".
Os contos que cada quen poida contar en relación co Cine Imperial han de ser tantos como persoas que ían a el.
Un destes contos tivo como protagonista a un mozo dunha familia dun médico de Madrid que viñan veranear á Ramallosa e paraban no Bar Galicia. El andaba por namorar a unha rapaza de Gondomar e conseguiu que quixese ir ao cine con el. Acicalouse a tope pero cando ía entrar decatouse de que levaba só un calcetín. Alporizado, preguntoulle a un compañeiro que facía e este díxolle que o quitase e o metese no peto. Así foi, pero a película que botaban resultou de “moito chorar” e á rapaza saíanlle as bágoas. O mozo, moi amable e servicial, ofreceulle o que pensaba era un pano da man e que era un calcetín. Os compañeiros que estaban na fila de detrás ollaron a faena e non se tiñan coa risa.
Outra foi a que lle pasou a un compañeiro deste mesmo mozo, que tamén andaba tras de namorar unha rapaza que xa tiña noivo, pero que andaban enfadados. No cine arrecontrachegáranse unha migalla e algo de aloumiñamento tamén houbo. Á saída estaba o noivo esperándoa para facer as paces e ela devecía por facelas, máis el, cobizoso do acompañante, fíxolle unha pregunta e ela respondeu axiña:

- Se porto como un caballero.
E por suposto non dixo máis.
Poderíanse contar montes e moreas de recordos do Cine Imperial que aínda segue ofrecendo a oportunidade de compracer ax xentes máis gorentosas do cine que da TV ou do Internet.
E grazas a Latino Salgueiro a quen xa lle chegou a hora de que as xentes do Val Miñor ou doutras bisbarras lle mostren o seu agradecemento facéndolle unha homenaxe.

Boas,
ResponderEliminarChámome Bibiana, son estudiante de comunicación audiovisual en Pontevedra. Nestes momentos estou facendo un traballo de investigación sobre o cine o imperial, e quería saber se sería posible que me contase máis anecdotas sobre este cine.
O meu email é bjuanes@alumnos.uvigo.es
Un saúdo
Bibiana Juanes