
Éche ben certo que o centro, o “Punto 0” do Val Miñor, está no “cruce” da Ramallosa. Baiona, Nigrán e Gondomar teñen, como non había de ser menos, os seus “centros” ou lugares onde, de cote e dunha maneira máis intensa, reúnense as xentes do lugar para falar das novas e dos “cotilleos”.
Pero dada a situación xeográfica da bisbarra do Val Miñor e a disposición dos veiros de comunicación actuais e noutro tempo tamén o tranvía, facían e fan, da Ramallosa o “Punto 0” do Val Miñor onde confluían todas as novas e “cotilleos” e dende alí espallábanse por toda bisbarra que facía coma caixa se resonancia.
Antes o “Punto 0” estaba situado, en razón da xente que confluía nel, na Alameda -nos bancos mais ben- da Estación dos Tranvías ou no “Cruce” (o bar Galicia, o café do Centro, a tenda de Puga, a farmacia de Abal,….). Hoxe esta desprazado ao carón do marabilloso Cruceiro da campa de San Campío, onde multiplícanse as actividades pois a xente acude a este lugar para mercar os diarios, coller un taxi, oír a Misa (poucos) e sobre todo os domingos do verán, para oír os concertos das Bandas de Música da bisbarra que acertadamente organiza o Concello de Nigrán e que cada ano contan con máis asistencia.
Hai ben pouco, Alfredo Rodríguez, o anterior Alcalde de Nigrán, que non sei se puxo a placa conmemorativa co seu nome, interpretando a política do “medioambiente sostenible” espetou no centro da rotonda da regulación do trafico unhas arbores feitos con tubos de ferro das que penduraban uns cacharros con flores e pintou os arbores d’un cor lila. Un “feismo” a ter en conta. A o pouco tempo rectificou e pintounos de verde. Agora, o novo equipo do Concello, renovou a praza e puxo una "farola" e uns arbustos coa forma de golfiños a saltar.
De todo canto pasaba, e pasa, e de todos os que pasaban, e pasan, levábase, e lévase, boa conta, non se sabe por quen, nin cando, nin como, pero sábese e espállase a todo o que o queira saber. Nembargantes, moitas das historias e dos personaxes que pasaron por ese lugar hoxe están esquecidos e compre lembrar algunha delas.
Nestas lembranzas imos encontrar personaxes de moi distintos xeitos e pelaxes, parvos algúns, “listos” outros, que de todo pasou dabondo pola Ramallosa, tantos que hasta hai quen pensa que “é terra de parvos” e bótanlle a culpa a influencia das persistentes brétemas que nacen e cobren os leitos de ríos e regatos da bisbarra ou que veñen e teñen cheiros do mar, ou as “nubes rastreiras” que baixan dos montes dos arredores (A Groba, San Antoniño, O Galiñeiro, Montes de Coruxo ou Monteferro) que non deixan velos, pero todos eles con historias que falan das súas teimas.
Así imos a ir lembrando a: Carmen “a coxa”; José “o portugués”; “Cristo Loureiro”; “Xesús, arría o galo”; “O galo do xefe da Estación”; “O Can Blanco”; José “o dos fígados esfarelados”; Milagros “a de Peitieiros”; “O soldado”; “O Mudo”;…. E todos aqueles, grandes ou pequenos, que vaian asomándose a fiestra das lembranzas.
Bravo!!!
ResponderEliminarEstache moi ben.